Unha nova tecnoloxía desenvolvida por científicos escoceses
permite detectar un ataque ao corazón antes de que se produza. Trátase dun
escáner que ilumina os puntos das arterías con maior acumulación de graxa e que
poden provocar os coágulos que desencadean a parálisis do músculo cardiaco.
Grazas a este dispositivo, os especialistas poderán diagnosticar a enfermidade
antes do primeiro infarto.
Os investigadores, dirixidos polo cardiólogo Dr. Marc Dweck,
utilizaron un trazador radiactivo que xera unha imaxe detallada do corazón e
ilumina os depósitos perigosos nas arterias, para poder analizalos
posteriormente nas exploracións de alta resolución. A localización dos puntos
de risco abre as portas a tratamentos baseados no uso de estatina ou aspirina,
en cambios alimenticios drásticos ou en inserciones de stents nas arterias para
facilitar a súa apertura.
O equipo probou o detector en 40 pacientes que sufriran xa
un ataque ao corazón, de modo que só corroborou os danos producidos en
pacientes infartados. No entanto, esta tecnoloxía emprégase desde fai tempo na
detección de tumores en pacientes con cancro.
O infarto agudo de miocardio (ou ataque ao corazón) é a
primeira causa de morte no mundo, segundo a Organización Mundial de Saúde
(OMS). Este novo método de diagnóstico podería reducir o número de defuncións
ao revelar o risco cardiovascular antes do primeiro infarto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario