venres, 21 de febreiro de 2014

A luz branca ao morrer

De acordo cun estudo realizado con ratas a piques de morrer, descubriuse que a actividade das súas ondas cerebrais crece enormemente, razón que explicaría o por que as persoas din ver unha luz branca antes de falecer.

Son moitas a experiencias contadas por persoas ao redor do mundo no que a visión dunha luz que se aproxima no horizonte, ata a experimentación de sensacións extracorporales.
Pero segundo os científicos estadounidenses que levaron adiante a investigación, esta repentina actividade rexistrada explica os altos niveis de conciencia que experimentan os seres humanos antes de morrer.
"Moita xente pensaba que trala morte clínica, o cerebro mostrábase inactivo ou con menor actividade que no estado de vixilia, pero definitivamente iso non é así", explica o doutor Jimo Borjigin, da Universidade de Michigan, quen lideró a investigación.
"De feito, móstrase moito máis activo mentres está morrendo que durante a vixilia", agrega.
A investigación mostra que a actividade cerebral das ratas multiplícase nos 30 segundos posteriores a que o corazón deixa de latexar. Este efecto nos seres humanos é o que pode explicar as estrañas visións que contan haber ter os que volveron da morte.

"O feito de que vexan unha luz pode indicar que a cortiza visual do cerebro estámuy activada, e temos evidencia suficiente para suxerir que isto é o que ocorre, porque achamos un incremento nas áreas do cerebro que están por encima da cortiza visual", explica Borjigin.
De todos os xeitos, segundo publica o portral web de BBC Mundo, o científico indica que sería necesario probar estes experimentos en persoas que estean ao bordo da morte e regresen para confirmar a hipótese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario