Ali Razeghi rexistrou "a máquina para viaxar no tempo
Aryayek" no Centro estatal de Invencións Estratéxicas de Irán. Segundo o
inventor, a máquina do tempo funciona a base dunha serie de complexos
algoritmos que permiten "predecir de cinco a oito anos de vida futura dun
individuo cunha precisión do 98%".
Razeghi, de 27 anos, explica que, tras someter ao usuario a
un escaneado táctil, a súa máquina analiza os datos e imprime un informe sobre
o futuro da persoa.
O inventor, que é director gerente do Centro de Invencións
Estratéxicos, conta con 179 patentes baixo o seu nome. "Estiven
traballando neste proxecto durante os últimos 10 anos", asegura.
O enxeño é do tamaño dunha computadora persoal e -segundo
Razeghi- pode predecir os detalles dos próximos 5-8 anos da vida dos seus
usuarios. "Non lle levará ao futuro: traerallo a vostede", sinala
Ningún comentario:
Publicar un comentario