venres, 21 de febreiro de 2014

Cristal do ancho de 2 átomos

   
   
   
Un grupo de científicos da Universidade de Cornell en Nova York e a alemá de Ulm descubriron por casualidade o cristal máis delgado do mundo, de tan só dous átomos de espesor, mentres intentaba producir grafeno. O achado mereceu unha mención no Libro Guinnes dos Récords.
Crean o cristal máis delgado do mundo: 2 átomos de espesor
O cristal bidimensional

O panel de cristal é tan delgado que cada átomo de silicio e osíxeno é claramente visible a través dun microscopio electrónico, segundo explican os investigadores na revista Nano Letters. Os científicos non pretendían dar con algo semellante, senón que identificaron o finísimo cristal cando traballaban na creación de grafeno, presuntamente o material do futuro. Ao principio, creron que se trataba de restos ou desperdicios, pero tras inspeccionalo a fondo déronse conta de que estaban ante o cristal máis delgado do mundo. Ao parecer, unha fuga de aire causara que o cobre reaccionase co cuarzo, tamén feito de silicio e osíxeno. Isto produciu a capa de cristal no que sería grafeno puro.
A estrutura, ao descuberto

É a primeira vez que se pode observar con precisión a orde dos átomos que compoñen o cristal e parécese sorprendentemente a un diagrama debuxado en 1932 polo físico William Houlder Zachariasen, unha representación teórica da disposición dos átomos do cristal na que aparecen no mesmo orde.

O achado foi un produto da sorte, pero «esta é a obra da que, cando mire cara atrás na miña carreira, vou estar máis orgulloso», di David Muller, da Universidade de Cornell. No futuro, o cristal bidimensional podería ser utilizado en transistores e nanotecnología. Esta material libre de defectos podería mellorar o rendemento dos procesadores das computadoras e teléfonos intelixentes.

De momento, os responsables do Guinnes xa tomaron nota da súa existencia e publicaron o logro a principios de setembro para a súa inclusión no libro de 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario