A cidade, tamén chamada Thonis, desapareceu baixo o Mediterráneo fai uns 1,200 anos e foi atopada durante un estudo da terra de Egipto a principios da década pasada.
descubriron os restos de máis de 64 barcos enterrados no groso barro e area que agora cobre o fondo do mar. Tamén se atoparon moedas de ouro e pesas feitas de bronce e pedra, facendo alusión ao comercio que houbo.
Estatuas xigantes de 16 pés de altura foron descubertas e levadas á superficie, mentres que os arqueólogos atoparon cientas de pequenas estatuas de deuses menores no fondo do mar.
Losas de pedra inscrita en Grego e antigo Egipcio foron levadas á superficie.
Decenas de pequenos sarcófagos de pedra caliza foron descubertos recientemente polos buceadores e crese que algunha vez puideron haber contido animais momificados, postos alí para tranquilizar aos deuses.
Dr. Damian Robinson, director do Centro Oxford de Arqueología Marítima na Universidade de Oxford, quen é parte do equipo que traballa no lugar, dixo: É unha cidade maior a que estamos excavando.
O sitio ten unha preservación incrible. Agora estamos comezando a ver algunhas das zonas máis interesantes para tratar de entender a vida alí.
Estamos recibindo unha rica imaxe das cousas como o comercio e a natureza da economía marítima a finais do período Egipcio. Había cousas que viñan desde Grecia e os Fenicios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario