luns, 12 de maio de 2014

2 novas letras no codigo xenetico

Todo o que vive e algunha vez viviu, desde organismos unicelulares ata seres vivos tan complexos como unha persoa, baséase no que designan dous pares de letras: A-T e C-G.

Combinadas, estas letras que chamamos bases escriben o ADN e conteñen a información xenética de todos os organismos vivos.
E o que acaba de lograr científicos estadounidenses é agregar dúas letras (X e E) máis a ese alfabeto da vida, e crear unha bacteria capaz de asimilar e propagar ese código estendido de forma artificial.

"Toda a vida que coñecemos está codificada con esas catro letras que forman dous pares de bases", dixo á BBC Floyd E. Romesberg, do Instituto de Investigación Scripps en California, Estados Unidos, quen dirixiu o equipo cuxo logro publica a revista científica Nature.

"O que fixemos é un organismo que contén estes dous máis un terceiro par non natural de bases de forma estable", explicou Romesberg.

Que significa isto? Nada menos que a demostración de que é posible expandir ese alfabeto con letras e funcións inéditas e crear así novas formas de vida artificiais.

A idea que rexe esta e outras investigacións de biología sintética, un controvertido campo da ciencia que avanza a gran velocidade, é a de poder deseñar e fabricar organismos vivos cuxo ADN escribir e programe como o sistema operativo dunha computadora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario