luns, 12 de maio de 2014

Xen contra a obesidade

   
Científicos suizos descubriron un xene que impide o desenvolvemento da obesidad, nun estudo con ratones modificados genéticamente aos que someteron a unha dieta rica en graxa e azucre.

Este descubrimento é o resultado de quince anos de investigación por parte de científicos da Universidade de Lausana (UNIL) en Suiza, segundo informou este organismo nun comunicado.

Os ratones transgénicos sometidos ao estudo experimentaron unha deficiencia parcial do xene MCR1, un transportador de lactatos que serve ás neuronas como alimento, ademais dunha menor acumulación de graxa no fígado.

"Mentres que os ratones de tipo salvaxe aumentaron o seu peso corporal nun 16.7 por cento logo de 12 semanas, os ratones transgénicos só aumentaron o 7.7 por cento", explicou o profesor do Instituto de Fisiología da UNIL, Luc Pellerin.

Os resultados do estudo suxiren que nun futuro poderíase utilizar este descubrimento con fins terapéuticos e bloquear parcialmente o xene MCR1 a través dun inhibidor de síntese, aínda que será necesario realizar máis estudos sobre o tema.

Pellerin fixo fincapé en que este enfoque farmacológico só pode ser unha axuda na loita contra a obesidad e que o estilo de vida, a dieta e a actividade física seguen sendo as principais armas contra esta enfermidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario